You are here

Novas

O sumidoiro fecal que afoga Praia América e a foz do Miñor

Novo artigo saído en prensa, onde śe mencionan algúns datos obtidos polo Prof. Ricardo Beiras e o seu equipo sobre a situación medioambiental da Foz do Miñor, xa reflexados nun inform divulgado noutra entrada anterior deste mesmo blog.

Según o Prof. Beiras, a deficiente depuración converteu este espazo nun “sumidoiro a ceo aberto”.

Ligazón ó artigo

 

Nova publicación: the Pixelar Index a tool to gonadal maturity analysis in sea urchins

Pixelar index: a new quantitative approach for the assessment of reproductive condition in the purple sea urchin, Paracentrotus lividus, by image analysis

Data de publicación: 20 Diciembre 2019

Fonte: Aquaculture International

Autor(es): Leonardo Mantilla-Aldana, Pedro Campoy-López, Estefanía Pereira-Pinto e Ricardo Beiras

Ligazón á publicación

Entrevista a Ricardo Beiras no programa "La Brújula de Galicia" de Onda Cero Radio

A entrevista versou sobre os efectos dos  microplásticos no medio mariño e algunhas das conclusións obtidas no proxecto europeo  EPHEMARE, coordinado polo grupo  ECOTOX e recentemente finalizado. A entrevista, que empeza aos 5'14'' do inicio do programa e finaliza aos 19'55''.

 

Interrupción endocrina por aditivos plásticos no ourizo de mar, Paracentrotus lividus

O día 01/10/2019, Pedro Campoy, investigador predoutoral do Grupo Ecoloxía Costeira (EcoCost, CIM-UVigo) presentou, nunha nova sesión do ciclo de conferencias Café con Sal, o relatorio “Endocrine disruption by plastic additives in sea urchin, Paracentrotus lividus“, no cal mostrou parte dos resultados da súa tese doutoral.

Continúa sen solución a contaminación das augas de Nigrán

Nova publicada no xornal "O Salto - Galiza" o 16/10/2019, no que se fai eco dun estudio de contaminación, coordinado e liderado polo Prof. Ricardo Beiras, dende a Universidade de Vigo, do que se publicaron anteriormente os resultados neste mesmo blog.

Praia América: unha cloaca para veraneantes

No ano 2015 realizamos para as organizacións de produtores e confrarías e o Consello Regulador do mexillón un estudo integrado preliminar atacando as limitacións antropoxénicas á produción marisqueira da ría de Arousa, o lugar de maior produción acuícola de Europa. Co apoio loxístico da embarcación e mergulladores da ECIMAT (Universidade de Vigo) estudamos algún dos principais emisarios que inxectan augas residuais urbanas en distintos puntos do interior da ría.

Mostraxe de lixo mariño no porto de Marín

Mostraxe de lixo mariño no porto de Marín realizado o 21 de agosto de 2019 polo Grupo ECOTOX, da Universidade de Vigo, en colaboración coa cofradía de pescadores de Marín e a Asociación Vertidos Cero.

A Foz do Miñor, unha cloaca ao aire libre

A Foz do Miñor, unha xoia da natureza incluída na rede Natura, está dende hai anos convertida nunha cloaca ao aire libre que impide a comercialización do seu marisco, polos seus altísimos niveis de bacterias fecais, moi por riba dos tolerados pola lexislación. O estudo que realizamos, por encargo da Asociación Salvemos Monteferro, co apoio loxístico da Confraría de Baiona e financiamento do Concello de Baiona, ponlle cifras a este escándalo.

En pouco máis de 30 anos haberá máis plástico nos océanos que peixes

Nova publicada no xornal "La Voz de Galicia" o 05/06/2019, no que se fai eco do proxecto Ephemare, coordinado e liderado polo Prof. Ricardo Beiras, dende a Universidade de Vigo.

Ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/biodiversa/2019/06/05/impacto-poco-treinta-anos-habra-plastico-oceanos-peces/0003_201906G5E2992.htm

Pages

© 1995 - 2020 Equipo de investigación ECOTOX.