ECOTOX

É un equipo de investigación en Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña. Pertence a Universidade de Vigo e está integrado no grupo EcoCost. Está formado por membros do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e do Departamento de Química Analítica e Alimentaria, traballa. Ven traballando dende 1996 na recopilación de información ecotoxicolóxica mariña que, aporte os fundamentos científicos para elaborar criterios e normas ambientais para a protección dos ecosistemas mariños costeiros.

Na actualidade ven desenvolvendo a súa actividade de investigación no marco de proxectos financiados pola Unión Europea, o Ministerio de Ciencia e Innovación, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e outras institucións con competencias ambientais, ademais de xerar teses doutorais concluídas, máis de 100 publicacións científicas SCI e 30 contratos de I+D con entes públicos e privados.

 

Descarga: Díptico informativo do equipo ECOTOX [pdf]