"Nunha semana houbo importantes estudos científicos sobre plástico que apuntan na mesma dirección. Non importa onde mires, aí está: aparece incluso en lugares onde a comunidade científica non esperaba atopalo. Unha das investigacións publicadas na revista Nature Communications descubriu que o Atlántico contén moito máis plástico do que se pensaba despois de examinar o fondo mariño. «O que se facía ata o de agora en oceanografía era buscar microplásticos nas capas superficiais, pero estes investigadores exploraron as profundidades e atoparon que a densidade da contaminación é menor, pero a cantidade moito maior», recoñece Ricardo Beiras, investigador en contaminación mariña da Universidade de Vigo."
© 1995 - 2021 Equipo de investigación ECOTOX.