You are here

O proxecto ARPA-ACUA no Diario da Universidade de Vigo

"As resinas de polietileno, PVC e poliamida “virxes” son menos tóxicas que as biodegradables"

"Os plásticos son  polímeros sintéticos de enorme utilidade en todos os campos das actividades humanas e a súa produción global supera na actualidade os 300 millóns de toneladas ao ano, das que unha boa parte ten como destino final os ecosistemas acuáticos. Conscientes desta realidade, desde a Universidade de Vigo mantéñense abertas diferentes liñas de investigación coas que se busca contribuír a minorar o impacto ecolóxico destes materiais e minimizar os seus potenciais efectos nocivos para o ambiente e a saúde. Un destes traballos é ARPA-ACUA, Alternativas ambientalmente respectuosas para polímeros e os seus aditivos químicos en medio acuático, un traballo coordinado pola Universidade de Vigo e que permitiu establecer unha intensa colaboración entre a industria do plástico, representada polo seu principal centro tecnolóxico español, AIMPLAS, e a universidade galega, neste caso, a través do grupo da Universidade da Coruña QANAP, líder a nivel internacional en química ambiental, e de ECOTOX, equipo de investigación en  Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña do Centro de Investigación Mariña da UVigo."

Acceso á publicación orixinal, nesta ligazón:

https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/resinas-polietileno-pvc-poliamida-virxes-son-menos-toxicas-que-biodegradables

© 1995 - 2020 Equipo de investigación ECOTOX.