You are here

"Descifrando o futuro dos materiais biodegradables para aplicacións mariñas"

O profesor Ricardo Beiras (Investigador Principal de ECOTOX) participou o pasado 23 de marzo na xornada virtual "Descifrando o futuro dos materiais biodegradables para aplicacións mariñas", organizada polo centro científico e tecnolóxico AZTI, coa presentación titulada "¿Os biopolímeros son o remedio para a enfermidade dos plásticos? Consideracións da ecotoxicoloxía mariña."
Esta conferencia enmárcase nas actividades do proxecto SAREBIO (https://www.azti.es/proyectos/sarebio/), cuxo principal obxectivo é "introducir innovacións nas artes de pesca das pesqueiras de cerco de atún tropical (atuneiros conxeladores), contemplando melloras nos seus deseños e xestión para axudar ao sector a avanzar cara a un futuro máis sostible dentro da economía circular ".

A gravación completa da xornada, ponencias e debate posterior, está dispoñible no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=ib0jN0k2SKc

© 1995 - 2021 Equipo de investigación ECOTOX.