You are here

Os plásticos e o Medio Mariño

Recentemente o catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo Ricardo Beiras intervino nun programa radiofónico relacionado coa problemática ambiental dos plásticos. Ricardo indicou que o problema é global, xa que a zona de acumulación destes é mar aberto, pero que se trasladan a calquera punto das costas coas tormentas. Falouse de que os plásticos están compostos por unha estrutura de soporte, polímero (matriz física) e sustancias químicas que lle proporcionan as características necesarias para cumprir a súa función, como por exemplo, flexibilidade, resistencia á luz, que non arda, que non se oxide, etc., os aditivos. Estes últimos causantes dos riscos toxicolóxicos de algúns plásticos. Se comentou tamén, que un dos problemas dos plásticos no medio é que non se degradan, senón que se fragmentan en trozos cada vez máis pequenos (microplásticos tamaño de partícula menor de uns mm, e nanoplásticos tamaño menor 1 micra), estas partículas acceden á cadea trófica polos niveis máis baixos, o ser inxeridos polo plancton e os organismos filtradores, e poidende alcanzar os niveis superiores. Tamén se falou que equipo de investigación ECOTOX ten deseñado probas para cuantificar os efectos tóxicos dos microplásticos sobre os organismos mariños, e a dificultade que implica a detección de subletais efectos que afectan ao metabolismo das hormonas, xa que con levan probas de máis longa exposición.

 

Escoita toda a entrevista aquí.

Visita o sitio onde se publica:  https://www.cope.es/ultimo-grito-contra-el-plastico

 

 

Compartir: 

© 1995 - 2019 Equipo de investigación ECOTOX.